PRESENTACIÓN CAMPUS VICTORIA CF NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Campus gl

Nova semana de presentacións do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023

RC Celta

A Fundación Celta continúa coas presentacións das diferentes sedes de o CAMPUS DE VERÁN FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ 2023. Nos últimos días tanto Germán Arteta, Director da Fundación Celta como Manu Gómez, coordinador dos Campus de Verán, participaron nas seguinte presentacións:

BARREIROS

No Concello de Barreiros con presenza de representantes consistoriais  así como dos clubs do Concello que colaboran coa organización do campus.

MONDOÑEDO

No Concello de Mondoñedo con presenza de representantes do Concello así como do seu club e da secretaría de deportes da Xunta de Galicia.

–        COLEGIO MARCOTE de MONDARIZ-BALNEARIO

No Colexio Marcote Mondariz con presenza de representantes do propio colexio.

SANTOME-MARÍN

No campo Chan do Piñeiro con presenza de representantes do club SD Santomé, do Concello de Marín  e da Fundación García Chillón.

PRAIÑA-TEO

No Concello de Teo con presenza de representantes do Concello e do club Praiña Sporting Club.

VICTORIA F.C. de SANTIAGO

Na Sede do RC Celta en Vigo con presenza de representantes do Vitoria CF que aproveitaron tamén para asinar o acordo como club convido.

As inscricións avanzan a moi bo ritmo e proba diso é o peche de inscrición das sede de Compañía de María en Santiago, Ares, primeira semana en Pabellón Ourense, Marcón, Vila do Corpus en Ponteareas e Palas de Rei. Outras sedes están moi preto de completar a totalidade de prazas dispoñibles, por tanto é importante tramitar a inscrición canto antes para non quedarvos sen praza e poder gozar dunha experiencia inesquecible.

Información e inscripciones AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

Campus gl Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas