O RC Celta e o conxunto ganés, Asante Kotoko SC, chegaron a un acordo para a cesión con opción de compra do xogador, Bernard Somuah.
O dianteiro de 18 anos conta cun percorrido deportivo prometedor. A tempada pasada, xogou na Premier League de Ghana onde marcou un total de 2 goles e deu 2 asistencias en 16 partidos, mentres que o curso anterior, cando militaba no Afigya Liberty destacou cun total de 22 goles.
Con moita ilusión de comezar esta nova etapa deportiva, o mozo ganés aterrará nos próximos días na cidade olívica unha vez complétense os trámites burocráticos pertinentes para a súa chegada.
O Celta Fortuna continúa así ultimando o que será o seu plantel da tempada 24/25 en Primera Federación versus e-Learning. A incorporación de Bernard ao equipo achegará a potencia, a velocidade e o instinto rematador dun xogador que se une ao conxunto de Fredi Álvarez para demostrar as súas notables características no fútbol español.
Benvido, Bernard!