O Celta B reencontrouse coa vitoria en Barreiro nun partido marcado polas condicións climatolóxicas, co terreo de xogo anegado e fortes rachas de vento. Un gol de Dennis aos 3 minutos, gran remate cruzado, decidiu un encontro intenso, no que os dous equipos baleiráronse na súa loita contra a auga.
O filial soubo adaptarse, con coraxe e un enorme despregue físico, a un céspede inundado que impedía rasear o coiro e obrigaba ao máximo esforzo en cada pugna. Os celestes defenderon con fiereza a súa vantaxe para impoñerse a un rival que tamén pelexou ao máximo e xamais baixou os brazos.
1-Celta B: Jero; Riki, Robert Costa, Diego Alende, Pampín, Rai, Dani Molina; Dejan Drazic (Sebastiá 82’), Juan Hernández, Agus e Dennis (Juan Ros 91’).
0-Navalcarnero: Gil, Carlos, Jesús, Álex González, Jose Antonio, Stevens (Llario 68’), Sergi Molina, Cidoncha, Barbosa (Gonzalo Ónega 75’), Chema Moreno (Sergi 68’) e Edgar.
Goles: 1-0, min.3: Dennis.
Árbitro: Fernández Buergo, do comité castelán-leonés. Expulsou con vermella directa a Sergi (83´) e amonestou a Drazic, Agus, Carlos, Álex González e José Antonio
Barreiro, unos 400 espectadores.