ESCUDO-1300x400-02
Celta b

O Celta B camiñará na Primeira División RFEF da man de Onésimo

RC Celta

Foi unha tempada magnífica, que sementou a ilusión no celtismo e nun vestiario que creu ata o final. Esta campaña histórica, co ascenso á Primeira División RFEF e coa Segunda División visible ata o último suspiro, terá continuidade na parcela técnica. Onésimo Sánchez será o adestrador do Celta B duás tempadas máis unha vez pechado un acordo entre o preparador e o club que permite dar continuidade a un proxecto ilusionante e avalado por uns resultados extraordinarios.

O Celta B seguirá, polo tanto, en mans dun técnico que logrou o ascenso á Primeira RFEF sendo campión de grupo e disputou as eliminatorias que dan acceso a Segunda División, fitos alcanzados cun plantel de enorme xuventude e cun fútbol sumamente atractivo.

O Celta B encara deste xeito con plenas garantías o séu debut na Primeira División RFEF, categoría de gran esixencia que servirá para apontoar o crecemento dos xogadores do filial celeste.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas