Empate do Celta B na última xornada da primeira volta de Primeira Federación ante o Fuenlabrada. (1-1)
A pesar de que o primeiro tempo estivo máis igualado, unha gran xogada de Lautaro e Miguel poñía ao conxunto celeste en vantaxe no minuto 13 do encontro. O resto do primeiro tempo sería de disputa entre os dous equipos. Un perfil totalmente diferente tería o segundo tempo, onde o Celta B poñía as ocasións máis claras do partido con ata 18 tiros e 2 disparos ao traveseiro por parte de Pablo Durán e Miguel. Empataría ao final do encontro o Fuenlabrada dun cabezazo por parte de Fer Ruíz, que remataría un centro entre os centrais célticos.
Cuarto partido invicto do Celta B en Primeira Federación, quen comezará a segunda volta en casa ante o Linares.
CF Fuenlabrada: Pol Freixanet; Iribas, Sotillos, Aleix Coch, Bolaño (min. 61, Aguirre); Cristóbal, Álvaro Bravo (min. 68, Enzo Zidane), Fer Ruiz, Ibán Salvador, Diego García e David Amigo (min. 90, Barbosa).
Celta B: Christian Joel; Javi Rodríguez (min. 89, Iván López), Sergio Barcia, Carlos Domínguez, Medrano; San Bartolomé (min.81, Javi Domínguez), Beitia (min. 46, Damián Rodríguez); Miguel Rodríguez (min. 89, Raúl Blanco), *Íker Losada, Hugo Álvarez e Lautaro (min. 69, Pablo Durán).
Goles: Lautaro (min. 13′), Fer Ruiz (min. 89′)
Colexiado: Manuel García Gómez (colexio estremeño). Amoestou a Aleix Coch e expulsou a Cristóbal con vermella directa do Fuenlabrada e por parte do Celta B viron a amarela Carlos Beitia, Damián Rodríguez e Christian Joel.