depor
A Canteira

O Celta B empata en Abanca Balaídos ante o Deportivo da Coruña

RC Celta

depor

O Celta B cultivou ante o Deportivo da Coruña (1-1) o segundo empate da tempada no partido correspondente á quinta xornada deste curso 22/23 da Primeira Federación.

Os do filial estrearon o novo céspede de Abanca Balaídos nun derbi apaixonante para ambos clubs. Un encontro que se presentou ilusionante para os celestes tras conseguir poñerse por diante no marcador antes de que o cronómetro chegase aos 60 segundos. Un gol de Iker Losada de cabeza, tras un rexeite, que fixo tremer as bancadas do templo vigués.

Durante toda a primeira metade, o ritmo marcábano os locais, pero un bo xogo do RC Dépor fixo que o esférico saíse disparado dos pés de Villares directo á rede de Christian Joel. Un 1-1 que chegou no minuto 40 e que mantívose ata o descanso.

Na segunda parte non paraban de chegar as ocasións celestes, sobre todo no tramo final do encontro. Pero o tempo esgotábase e os asubíos finais do colexiado sentenciaron o derbi galego a táboas.

Esforzo, traballo e paixón selan unha nova xornada da competición que sitúa ao Celta B en decimosegunda posición con cinco puntos. Os de Claudio Giráldez veranse as caras co Linense na xornada 6 o próximo domingo 2 de outubro.

 

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA B: Christian Joel, Carrique, Domínguez, Sergio Barcia (Javi Gómez, min,65, Carlos, Medrano; Calderón, Iker Losada (Hugo Álvarez, min,80) y San Bartolomé (Yoel Lago, min.80); Miguel Rodríguez (Raúl Blanco, min.68) e Lauti (Pablo Durán, min.80).

1 – RC DEPORTIVO DE LA CORUÑA: Mackay; Trilli, Lapeña, Jaime, Raúl Carnero; Víctor, Villares, Mario Soriano (Isi Gómez, min.74), Roberto Olabe (Bergantiños, min.78), Ibai Gómez (Zalazar, min.65); Quiles (Yeremay, min.78).

Goles: Iker Losada (1-0, min.1); Villares (1-1, min.40).

Árbitro: Velasco Arbaiz. Amoestou a Calderón, Javi Gómez e Lautaro por parte do Celta, e a Trilli e Roberto Olabe por parte do Deportivo.

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas