alfon celta b coruxo 100121
Celta b

O Celta B leva o derbi vigués ante o Coruxo no regreso do fútbol de bronce

RC Celta

Vitoria no derbi vigués para o Celta B no último partido da primeira volta grazas a un gran gol de Alfon nos minutos finais. A primeira parte desenvolveuse con varias ocasións para o Coruxo CF que Sequeira liquidou de forma sobresaliente, co paso dos minutos igualouse en ocasións para os dous equipos pero sen goles.

A segunda metade arrincou na tónica da primeira metade. Moita disputa e igualdade en todos os balóns para ambos os equipos. Nos minutos finais, Alfon desequilibra o partido cun gran remate desde a frontal que permite ao Celta B gañar o seu primeiro partido do 2021.

 

FICHA TÉCNICA

1– RC Celta B: Sequeira, Lucas, Ferrares, Carlos Domínguez (Carreira min.67), Pampín, Alfon, Holsgrove, Markel, Manu Justo (Gabri min. 93), Bruninho (Losada min.67), Josipovic (Lautaro min.45).

0- Coruxo CF: Amigo, Yebra (Pedro Vázquez min.77), Aspas (Vila min.76), Antón, Silva. (Carcaba min.75), Mateo, Manu, Trigo, Andriu, Fuentes (Salgueiro min.33), Ares (Valiño min.68).

Goles: 1-0 Alfon min 88.

Árbitro: Antonio Alberola Rojas (castelán manchego). Amonestou a Mateo, Trigo, Aspas, Yebra (Coruxo CF).

Campo: Barreiro, 300 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas