brasov.jpg
Escolas

O Celta Brasov participou na Copa Ribadumia

RC Celta

Durante esta pasada fin de semana 13 mozos do equipo benjamín de Celta Brasov viñeron a disputar a Copa Ribadumia, no campo da Senra, onde competiron contra rivais de toda a xeografía española, deixando unha moi boa imaxe e quedando campións da final de consolación.

Aproveitando a visita, o noso Presidente quixo compartir con eles o seu tempo, e onte luns compartiron un entretido almorzo, onde charlaron sobre as súas impresións desta fin de semana e sobre o funcionamento da escola en Romanía. Ademais visitaron o estadio de Balaídos, comido todos xuntos, para posteriormente percorrer A Sede e finalizar o día cun paseo en barco.

RC Celta

Etiquetas

Escolas Escolas Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Escolas Novas canteira

Noticias recomendadas