20240427_CELTAFORTUNAvsSDLOGROÑES_Equipo
A Canteira

O Celta Fortuna xa coñece aos seus rivais da próxima tempada

RC Celta

A RFEF anunciou a configuración dos grupos de Primeira Federación para a tempada 24/25. A división realizouse seguindo unha distribución norte/sur e os criterios aprobados pola Federación establecen que en cada grupo haberá dous equipos descendidos e cinco equipos dependentes.

Baixo esta configuración, o Celta Fortuna competirá no Grupo I de Primeira Federación e os seus rivais para a próxima tempada serán: Athletic Club B, Barakaldo CF, CA Osasuna B, CD Arenteiro, CD Lugo, CyD Leonesa, FC Andorra, FC Barcelona Atlétic, Gimnástic de Tarragona, Gimnástica Segoviana CF, Ourense CF, Real Sociedad de Fútbol B, Real Unión Club, SD Amorebieta, SD Ponferradina, SD Tarazona, Sestao River Club, Unionistas de Salamanca CF y Zamora CF.

Nas próximas semanas, os celestes coñecerán o calendario definitivo da tempada 24/25, incluíndo fin de semana e rival co que inaugurarán o curso.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas