Meixús 16x9
Celta Fortuna

Pablo Meixús amplía o seu compromiso co Celta ata 2029

RC Celta

Pablo Meixús amplía a súa vinculación co Celta dúas tempadas máis e continuará defendendo o escudo celeste ata 2029.

O defensa pontevedrés chegou A Madroa en Benjamín B, e desde entón, percorreu cada unha das etapas da Canteira ata consolidarse como un dos capitáns da Celta Fortuna. Intelixente, con personalidade e unha gran capacidade para anticiparse ás xogadas, Pablo destaca tamén pola súa saída de balón e por unha facilidade para romper liñas á altura de moi poucos centrais.

A súa traxectoria é un reflexo do crecemento do talento Feito na Madroa e da capacidade dun xogador que representa á perfección os valores de traballo, esforzo e sentimento de pertenza que caracterizan á entidade celeste.

Uns valores que continuarán formando parte do Celta Fortuna nunha tempada que será histórica para o filial e que seguirá contando con Pablo Meixús como capitán, esta vez, na categoría de prata do fútbol español.

Parabéns, Pablo!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna

Noticias recomendadas