filial
A Canteira

O filial celeste cae no derbi galego (0-3)

RC Celta

O RC Celta B perdeu ante o RC Deportivo(0-3) nun histórico derbi galego celebrado no campo de Barreiro. Os visitantes demostraron o seu gran pegada nos momentos cruciais do partido.

Nos primeiros minutos de partido notouse a tensión do derbi e ambos equipos mostráronse algo medorentos co balón. Aos poucos o filial fíxose co control e comezou a dominar o xogo, aínda que foi o equipo visitante o que se adiantou no marcador con gol de Miku. O equipo celeste non veu abaixo e acto seguido tivo unha ocasión que acabou no pau.

Pese ao dominio e a sucesión de ocasións dos xogadores de Onésimo, o árbitro sinalou un discutido penalti ao bordo do descanso e Miku puxo o 0-2 no marcador.

A segunda parte comezou con ocasións para os dous equipos, que buscaron en todo momento a portaría rival. Foi o venezolano Miku o que volveu anotar para os seus nunha acción combinativa deportivista.

 

0 – RC Celta: Álvaro Fernández, Carreira, Cunha, Markel, Carlos, Barri, Holsgrove, Solís, Bruninho, Manu Justo y Lautaro. Tamén xogaron: Pampín, Losada, Veiga, Miguel, Raúl

3 – RC Deportivo: Lucho, Mujaid, Bergantiños, Bóveda, Uche, Miku, Raí, Héctor Hernández, Granero, Keko y Villares. Tamén xogaron: Galán, Salva, Lara, Claudio

Goles: 0-1 Miku, min 25: 0-2 Miku, min 46; 0-3 Miku, min 64;

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas