iker losada celta b ferrol 251020
Celta b

O filial celeste quere prolongar unha tempada de ilusión ante a Cultural

RC Celta

iker losada celta b ferrol 251020

O domingo ás 12.00 en Abanca Balaídos o RC Celta B quere seguir derrubando portas. Do mesmo xeito que fixo en innumerables ocasións esta tempada, o filial celeste busca dar un paso máis no seu crecemento e certificar un feito histórico: clasificarse para os playoffs de ascenso a Segunda División.

Se o equipo que adestra Onésimo vence esta xornada á Cultural e Deportiva Leonesa selará de maneira definitiva a súa clasificación a róldalas eliminatorias finais, onde tan só estarán 16 clubs e dos que sairán catro ascensos.

O filial chega a esta situación tras vencer a domicilio o pasado fin de semana ao Valladolid Promesas e empatar hai 15 días ante o Burgos, líder destacado do grupo, no estadio vigués. No encontro da primeira volta ante a Cultural, disputado en León fai apenas tres semanas, o RC Celta B impúxose por 0-3 cun brillante hat-trick de Alberto Solís.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas