O RC Celta e o Albacete Balompé chegaron a un acordo para a cesión do atacante Alfonso González ‘Alfon’ ao filial celeste. O novo xogador do RC Celta B destaca pola súa velocidade, desborde e capacidade goleadora e pode xogar tanto na punta do ataque como nunha banda. O club se garda unha opción de compra ao termo da tempada.
‘Alfon’ (Albacete, 4 de maio de 1999) formouse nas categorías inferiores do Albacete Balompié, con cuxo primeiro equipo debutou en Segunda División B na tempada 2016/17. As dúas últimas tempadas xogou cedido primeiro no Internacional de Madrid e despois no Getafe B. ‘Alfon’ foi internacional coas categorías Sub-16 e Sub-18 da Selección Española.