foto-clausura.jpg
Fundación

Os Campus de Verán da Fundación Celta by Cabreiroá despídense ata a próxima tempada

RC Celta

Os campus de verán da Fundación Celta by Cabreiroá chegaron ao seu fin esta tempada coa clausura das sedes de Monforte e Oroso. Foron sete semanas de fútbol e diversión repartidos en emprazamentos de toda a xeografía galega e onde os máis pequenos tiveron a oportunidade de aprender as técnicas utilizadas polo club nas súas categorías inferiores e escolas.

Desde a Fundación Celta queremos agradecer aos patrocinadores e entidades co-organizadoras da actividade o seu importante apoio para sacar adiante os campus nunha tempada moi especial que estaba marcada pola situación pandémica.

Queremos agradecer tamén á asociación Vodea que desinteresadamente prestou formación en primeiros auxilios na sede de Coia e a todos os participantes a súa comprensión, saber estar e responsabilidade durante todas as xornadas nas que tomaron parte. Estamos profundamente satisfeitos de poder celebrar os nosos campus con todas as garantías sanitarias e esperamos que fose unha experiencia de voso agrado.

Na Fundación Celta traballamos ano a ano en tratar de mellorar para ofrecer unha actividade que se traduza en vivencias que queden na memoria dos nosos alumnos. Volveremos a tempada que vén con máis fútbol e sorpresas na que será a nosa edición número XXV.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas