Difícil enfrontamento o que lle tocaba afrontar ao Celta B na súa visita a Lezama contra o Bilbao Athletic, en partido correspondente á xornada 7 da Primeira RFEF Footters.
Tras uns primeiros minutos de xogo igualado por parte de ambos os equipos, o conxunto celeste logrou impor o seu ritmo e a súa táctica.
Tras gozar de varias ocasións de gol, no minuto 14 Gabri Veiga adiantaba aos pupilos de Onésimo, cun gran disparo desde a frontal.
A partir dese gol, o equipo local dispuxo dalgunhas ocasións claras salvadas con gran acerto por Gaizka Campos.
Despois do descanso o Bilbao Athletic apostou forte polo empate, pero atopouse, de novo, a un gran Gaizka Campos.
Aos poucos o filial celeste soubo volver controlar o ritmo de partido, apostando máis pola posesión e a pausa até o final do partido.
Vitoria moi importante por 0-1 para o conxunto de Onésimo que consegue tres puntos nun campo complicado e ante un rival difícil. O próximo partido será contra o Rayo Majadahonda, de novo fóra de casa. Tocará traballar e seguir coa boa serie.
FICHA TÉCNICA
0 – BILBAO ATHLETIC: Ander Iru, Aitor Paredes, Beñat, Jon Cabo, Diarrá, Serrano, Núñez, Oier, Artola, Kepa e Ander.
1 – RC CELTA B: Gaizka Campos, Carrique, Castro, Carlos Domínguez, Pampín, Holsgrove, Carbonell, Gabri Veiga, Medrano, Iker Losada e Javi Gómez.
Goles: Gabri Veiga, min. 14.
Árbitro: Antonio Monter Solans do colexio aragonés
Campo: Lezama