Dura derrota do RC Celta B este sábado en Abanca Balaídos ante o Valladolid Promesas (1-3) no que era o inicio da segunda fase da competición en Segunda División B. Os de Onésimo sufriron a extraordinaria puntaría do seu rival.
A primeira metade arrincou cun temperán gol do equipo valisoletano tras aproveitar unha perda dos xogadores celestes ao bordo da área. O conxunto de Onésimo estirou liñas e buscou a portaría do Valladolid Promesas en busca do empate, pero un rápido contragolpe acabou con gol do dianteiro Uche.
Na segunda metade o filial envorcouse para recortar distancias pero foi o Valladolid o que de novo perforou a portaría local noutra rápida acción. Os cambios de Onésimo deron enerxía aos seus xogadores e Soni recortou distancias a 20 minutos do final tras unha xogada por banda de Sergio Carreira.
No tramo final, o equipo celeste seguiu acumulando ocasiones pero o porteiro valisoletano realizou un auténtico partidazo e evitou que o filial sumase máis goles no seu marcador.
FICHA TÉCNICA
RC Celta B: Sequeira, Carreira, Carlos, Cunha, Pampín, Markel, Holsgrove, Bruninho, Losada, Manu Justo, Josipovic. Tamén xogaron: Solís, Gabri Veiga, Soni, Miguel Rodríguez.
Goles: 1-3 Soni, min 70