iker losada celta b ferrol 251020
Celta b

O filial visita o domingo ao Valladolid Promesas nun partido clave no grupo

RC Celta

iker losada celta b ferrol 251020

O RC Celta B visita este domingo a partir das 11.30 horas ao Valladolid Promesas nun partido que pode ser decisivo nas aspiracións de ambos os equipos para disputar os playoffs de ascenso a Segunda División.

Os de Onésimo chegan ao encontro tras conseguir unha contundente vitoria en León e un meritorio empate ante o Burgos, líder destacado, en Abanca Balaídos.

De conseguir a vitoria, o filial celeste adiantaría ao Promesas na clasificación a tan só dúas xornadas para o final da tempada regular.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas