Celta Integra - Torneo Reis Genuine Concello de Lugo NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

O Fundación Celta Integra participou no I Torneo Reis Genuine do Concello de Lugo

RC Celta

A Fundación Celta integra participou no ‘I Torneo Reis Genuine – Concello de Lugo’ celebrado o día 8 de xaneiro de 2023 no campo de fútbol A Cheda (Lugo).

O CD Lugo e o Concello de Lugo organizaron a primeira edición do ‘Torneo Rei Genuine’ destinado a equipos de xogadores con discapacidade intelectual no que participaron o CD Lugo, o RC Deportivo A Coruña, o Racing de Ferrol, o SD Ponferradina, o Real Oviedo e o RC Celta.

Cada equipo xogou en horario de mañá e de tarde, tres partidos de tres partes de dez minutos, no que non se computou os resultados dos partidos e os seis equipos recibiron o seu trofeo de campión.

O Celta Integra xogou contra o Racing de Ferrol, SD Ponferradina e RC Deportivo A Coruña, gañando os tres partidos disputados.

O torneo desenvolveuse baixo unhas condicións meteorolóxicas moi adversas, moito frío e choiva constante, pero a pesar diso púidose gozar dun gran ambiente, distendido e agradable, ofrecendo á súa vez un gran espectáculo deportivo, cheo de xogo limpo e moitos goles.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Integra gl Novas fundación

Noticias recomendadas