ESCUDO-1300x400-02
A Canteira

O RC Celta dá un firme paso á fronte para pór fin ao mercantilismo nas categorías inferiores

RC Celta

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o responsable do área de Fútbol Denominación de Orixe Celta, Carlos Hugo García Bayón, acompañados por diversos responsables das categorías inferiores, recibiron esta tarde na Cidade Deportiva Afouteza á práctica totalidade dos pais dos xogadores das categorías inferiores do club.

Carlos Mouriño analizou con claridade un asunto moi delicado e doloroso, a marcha dos  xogadores novos das categorías inferiores celestes guiados por axencias de representación. Neste sentido, apuntou cara a unha axencia, Intermedia Sport Player, que xa “poxou” a varios futbolistas da canteira celeste e representa a varios xóvenes que seguen nas categorías inferiores do club. “Temos que tomar unha decisión drástica, durísima, dígoo cunha gran dor, pero a póxa de nenos non ten cabida neste club”.

Afirmou que si os futbolistas abandonan esa axencia continuarán con normalidade no RC Celta, pero “os que teñen contrato profesional con esa axencia verán os seus contratos languidecer, o resto teñen a carta de liberdade para fichar por quen queiran porque no Celta non ten cabida”, afirmou.

“É unha decisión drástica, durísima, que nos pode custar dous anos de canteira, dígoo con gran dor por que para a min a canteira éo todo e este é un dos meus peores días desde que son presidente do club”, sinalou

Mouriño insistiu en que é inadmisible o mercantilismo con nenos desas idades, algo que choca de xeito frontal cos valores que caracterizan ao RC Celta, ética, moral, respecto… “A nosa filosofía é clara: conxunto, unión, ir todos da man. Nós buscamos o xeito de inculcarlles valores e de que crezan do xeito máis san posible”.

Recordou que “Galicia ten 68.000 fichas federativas e hai menos de 60 profesionais. Nós preparamos aos nenos para a vida, para as dificultades que se van a atopar e para xogar ao fútbol”.

Pola súa banda, Carlos Hugo García ofreceu un dato demoledor: “Dos nosos xuvenís, o 11 por cento chegan ao primeiro equipo no RC Celta. A media en España é do 0,4 por cento. Aínda así hai un 89 por cento que non chegan, pero nós traballamos para o cento por cento”.

Eduardo Covelo, coordinador da canteira explicou tamén a metolodoxía do club e Álvaro Domínguez, nutricionista do RC Celta, comentou a importancia dos hábitos saudables no desenvolvemento dos xogadores de categorías inferiores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas