ESCUDO-1300x400-01
Celta b

O Celta B suma dous novos reforzos: os defensores Álex Martín e Thomas Carrique

RC Celta

O RC Celta continúa traballando con intensidade na configuración do plantel do filial e trala chegada do zqguero Javi Castro, o cadro de Onésimo Sánchez recibe dous novos refuerzos. O central Álex Martín e o lateral dereito Thomas Carrique incorpóranse ao Celta B, que deste xeito conta xa con sete novos xogadores para a campaña 2021/22

Álex Martín (Las Palmas, 25-01-1998) chega procedente do Cádiz, onde xa debutó en Primeira División. O xogador, que asina co club celeste por catro tempadas, acumula unha ampla experiencia tamén en Segunda División, categoría na que disputou 15 encontros co Cartagena. En segunda B, Álex Martín xogou máis de 30 partidos, incuidos tres da fase de ascenso á categoría de prata.

O lateral dereito Thomas Carrique (Tarbe, 26-02-1999) incorpórase ao Celta B cun contrato de cinco tempadas procedente do Girondin de Burdeos. A pasada campaña, Thomas Carrique xogou cedido no Calahorra, en Segunda B, equipo co que disputou 21 encontros e o play off de ascenso a Segunda División.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas