ESCUDO-1300x400-01
A Canteira

O RC Celta mostra en Suecia a metodoloxía da súa canteira da man de LaLiga

RC Celta

A canteira do RC Celta, referente a nivel internacional, foi a gran protagonista da culminación dun ambicioso proxecto conxunto entre LaLiga e Svensk Elitfotboll, que concluíu coa visita de representantes de LaLiga e o club celeste a Suecia para participar na conferencia de desenvolvemento nacional de Elite Football. A conferencia tivo lugar os días 9 e 10 de novembro en Norrköping, e o RC Celta e LaLiga explicaron a metodoloxía da canteira celeste.

O RC Celta, representado polo director da área de Fútbol Denominación de Orixe Celta, Carlos Hugo García Bayón, e o responsable da canteira, Eduardo Covelo, mostrou o seu modelo de traballo, como creou a súa metodoloxía e como xestiona a formación individual dos xogadores. Segundo o Observatorio do fútbol CIES, a maior porcentaxe de minutos de xogadores formados polo club nos equipos das cinco grandes ligas correspondeu ao RC Celta, cun 49%.

Con anterioridade, representantes dos clubs suecos Malmö FF, AIK, BK Häcken, Djurgårdens IF, Degerfors IF, Halmstads BK, Hammarby IF, GAIS, IFK Göteborg, Kalmar FF, Trelleborgs FF e Östers IF, visitaron varios clubs de LaLiga para coñecer como os equipos españois desenvolven o talento dos seus futbolistas.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas