DmSFOLsUcAAhZC-.jpg
Fundación

O RC Celta regresa a Panamá coa celebración do seu segundo campus en Chiriquí

RC Celta

O RC Celta regresa a Panamá da man da Fundación Celta e o adestrador do fútbol basee celeste. Por segundo ano consecutivo, a provincia de Chiriquí acolle a segunda edición do ‘Campus Celta Experience Panamá’, unha actividade organiza en colaboración co club local Las Águilas na que participan máis dun centenar de nenos e nenas de entre seis e dezaoito anos.

Catro técnicos das categorías inferiores do RC Celta desprazáronse a Panamá para transmitir aos mozos xogadores e aos adestradores locais o método de traballo da canteira celeste. O regreso do RC Celta a terras panameñas espertou moita atención mediática, recibindo unha importante cobertura informativa por parte de medios locais e nacionais.

O club vigués continúa arraigando a súa presenza internacional grazas á Fundación Celta, que cada ano desenvolve numerosos campus e outras actividades deportivas ao longo e ancho do planeta, unha valiosa oportunidade, ademais, para atopar futuros talentos máis aló das fronteiras nacionais.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Siguiente noticia

Noticias recomendadas