Pablo
Celta Fortuna

Parte médico de Pablo Gavián

RC Celta

Pablo Gavián presenta unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito, segundo revelan as probas médicas a las que foi sometido tras sufrir unha lesión durante o encontro disputado entre a Celta Fortuna e o Córdoba CF o pasado sábado en Abanca Balaídos.

O xogador celeste sufriu unha contusión e torsión no xeonllo dereito durante o partido, o que obrigou a realizarlle unha exploración médica para determinar o alcance da lesión. As probas confirmaron a rotura do ligamento cruzado anterior.

O tratamento previsto contempla unha intervención cirúrxica que se realizará nos próximos días, tras a cal o xogador iniciará o correspondente proceso de recuperación e fisioterapia.

O club quere desexarlle unha pronta recuperación e moito ánimo.

Forza, Pablo!

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas