negreira.jpg
Fundación

Presentación do Campus da Fundación Celta by Cabreiroá en Negreira

RC Celta

Na mañá de onte, presentouse na Casa da Cultura do Concello de Negreira o Campus de Verán da Fundación Celta by Cabreiroá.

A actividade contará coa presenza dunha veintena de rapaces e desenvolverase no campo de fútbol municipal de Cepelo. Con esta actividade o Concello de Negreira e o AD Nicrariense apostan por actividades deportivas e saudables para os nenos e nenas.

Na presentación estiveron presentes D. Miguel Ágel Leis Alcalde da localidade, D. Luis Arán Presidente do AD Nicrariense, D. Jesús Dopazo Vicepresidente do AD Nicrariense, D. Eloy Pérez Tesoreiro do AD Nicrariense e D. Germán Arteta Director da Fundación Celta.

Datas do campus: 15/07/2019 a 19/07/2019

De 10.00 a 14.00 h. O venres os nenos e nenas quedarán a comer no campo e pola tarde farase a entrega dos diplomas nunha actividade na que poderán participar os pais e as nais.

Idades dos/as participantes: 4 a16 anos

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas