PRESENTACIÓN LALÍN NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Campus gl

Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá – Lalín

RC Celta

 

A Fundación Celta  presentou esta mañá nas instalacións do Campo Manuel Ánxo Cortizo en Lalín a nova edición do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá – Lalín, para nenos e nenas de 4 a 16 anos que se desenvolverá entre o 12 e o 16 de xullo, un programa externo en horario de 9.30h a 14.00h.

O campus coordinado conxuntamente co Concello de Lalín e a Escola de Fútbol Lalín, conta con adestramentos seguros aplicando o protocolo especial covid-19 en grupos reducidos e a cargo dos técnicos de A Canteira.

Durante o acto  -que contou coa presenza de Germán Arteta, Director da Fundación Celta e Manu Gómez, Coordinador de campus e escolas, quenes foron recibidos polo Concelleiro de deportes Avelino Souto, o Presidente da Escola Futbol Lalín José Manuel Vázquez, e o coordinador deportivo da Escola Javier López- se presentaron todos os detalles deste Campus dirixido tanto a alumnos do club como a todos aqueles rapaces e rapazas que queiran gozar de una experiencia celeste en Lalín.

 

Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.

Non esperes máis e inscríbete aquí!

 

 

RC Celta

Etiquetas

Campus gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas