ponte-caldelas.jpg
Fundación

Presentación do campus Fundación Celta by Cabreiroá en Ponte Caldelas

RC Celta

Esta mañá tivo lugar, no Concello de Ponte Caldelas, a presentación do Campus Fundación Celta by Cabreiroá. A Fundación Celta organiza, en colaboración co concello e a SCD Ponte Caldelas, este campus que se desenvolverá do 5 ao 9 de agosto no Campo Municipal Graciano Padín (Soutomaior). Un campus destinado a nenas e nenos de entre 4 a 16 anos.

Na presentación desta mañá estivo presente Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, Germán Arteta, Director da Fundación Celta e Pedro Rodríguez, o presidente da SCD Ponte Caldelas. De momento son xa 25 as nenas e nenos inscritos neste Campus, pero desde a entidade organizadora lembran que os interesados, de Ponte Caldelas ou de concellos veciños, poden inscribirse ata este mércores 31 de xullo a través da web da páxina da Fundación do Celta, https://www.rccelta.es/index. php/ gl/campus-de- veran- fundacion-celta- by- cabreiroa-2019. As nenas e nenos que se inscriban, no Campus de Ponte Caldelas, contarán cun autobús gratuíto que poñerá o concello a súa disposición para que gocen desta iniciativa deportiva que desenvolverá, de maneira excepcional, no campo de Soutomaior. O horario deste campus será de luns a venres de 10:00 a 14:00. Ademais o venres as nenas e os nenos quedarán a comer no campo, e pola tarde farase entrega dos diplomas nunha actividade na que poderán participar tamén as nais e pais dos pequenos. Todos os participantes recibirán a súa chegada un equipamento completo composto por camiseta, pantalón e medias (todo o material é de Adidas). A media mañá tomarán unha merenda proporcionada pola Fundación, ademais do xantar do venres. Ao final do campus, todos os mozos recibirán o seu diploma acreditativo. O prezo deste campus é de 119 euros para as nenas e nenos do equipo SCD Ponte Caldelas e de 132 euros para o resto.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas