alondras-web.jpg
Fundación

Presentadas as sedes de Cangas-Alondras e O Grove

RC Celta

Onte presentáronse dúas novas sedes dos Campus de Verán da Fundación Celta de Vigo. Cangas e O Grove será un ano máis sedes de campus para os máis pequenos.

En Cangas a actividade terá lugar do 10 de xullo ao 14 de xullo en horario de 10 a 14 horas no campo do Alondras, club co que a Fundación Celta ten un frutífero convenio de colaboración.

Por outra banda, tamén onte tivo lugar a presentación do Campus no Grove coa celebración dunha demostración do que será a actividade. Esta demostración foi realizada para os nenos e nenas da localidade  grovense e contou con máis de cen participantes.

O Campus no Grove terase lugar entre o 10 e o 14 de xullo tamén en horario de mañá, de 10h a 14h.

Para inscribirse tan só hai que pulsar o botón Inscríbeche aquí para acceder á plataforma en liña.

//

[colored_box color=”blue”]DESCARGA CATÁLOGO CAMPUS[/colored_box]

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas