O logotipo de Recalvi seguirá lucindo no uniforme de todos os xogadores do RC Celta durante a tempada 2021/2022, desde o primeiro equipo e Celta B, ata os conxuntos de categorías inferiores.
Recalvi poderá verse na parte traseira dos pantalóns dos xogadores, tanto na primeira como na segunda equipación do primeiro equipo e Celta B e na camiseta do resto de equipos.
A marca seguirá tamén presente no estadio Abanca Balaidos, en Barreiro e no resto de instalacións de xogo e adestramento do RC Celta e a súa Fundación.
A relación entre Recalvi e o RC Celta e a súa Fundación esténdese xa máis de 10 anos, o que supón un fito histórico para ambas entidades viguesas, cuxos principais obxectivos comúns son a expansión e crecemento nacional e internacionais e o apoio constante ao deporte de base local.
Ademais da súa paixón polo deporte, tanto de formación como de competición, ambas marcas tamén comparten a súa orixe galega, o traballo constante, a innovación ou a sostenibilidad no seu ADN.
O director xeral de Recalvi, Chema Rodríguez, comentou que “para o Grupo Recalvi supón unha tremenda satisfacción seguir colaborando co club e a súa canteira, non só porque levamos o Celta no corazón, senón porque nos permite seguir apoiando o deporte basee local e porque neste momento de expansión de Recalvi, a nivel nacional e internacional, a visibilidad e promoción que nos proporciona este acordo é moi importante”.
Pola súa banda, o conselleiro do RC Celta Fernando Rodilla apuntou que “para o club é un orgullo e prodúcenos un especial agarimo poder seguir colaborando con Recalvi, que desde fai anos apóianos incondicionalmente, sobre todo coa canteira, onde viu crecer varios dos talentos do primeiro equipo de hoxe”.
Germán Arteta, Director da Fundación do RC Celta, comentou que “sen o apoio de empresas como Recalvi a labor da Fundación sería moito máis complicada, e non soamente no área meramente deportiva. Recalvi é tamén Membro de Honor da Fundación e ese respaldo permítenos chegar a estratos da sociedade nos que na maioría das ocasións atopámonos con grandes carencias”.
O RC Celta leva 10 tempadas consecutivas na Liga Santander, en 1ª División, e sempre no Top-10 en términos de audiencias e seguidores. Esta última tempada, foi o segundo equipo das cinco grandes ligas europeas que máis xogadores da súa propia casa utilizou no seu primeiro equipo, por detrás do Athletic Club, que só xoga con futbolistas de orixe vasca. Esta aposta pola canteira e o talento local é un alicerce deportivo da institución, que ten incluso unha denominación de orixe.
Grupo Recalvi. Desde o seu nacemento, no ano 1984, ata a actualidade, Recalvi pasou de ser unha pequena empresa de distribución integral de recambios e accesorios para o automóbil, a converterse nun importante Grupo especializado no sector do automóbil.
Con 39 centros e máis de 400 empregados, a entidade que dirixe Chema Rodríguez creceu progresivamente, sempre baixo o principio de ofrecer un servizo completo aos seus clientes. A compañía foi incrementando as súas sociedades ata alcanzar unha gran cadea que participa en boa parte dos negocios do sector da automoción.
Desde os repostos ata a venda de vehículos e motores, pasando polo merchandising oficial de importantes marcas de competición, a distribución de lubricantes e neumáticos. A rede do Grupo Recalvi esténdese por toda España e Portugal, e por países de América Latina como Cuba, Panamá, Costa Rica, República Dominicana Ecuador, e en EEUU.