O conxunto vigués sobrepúsose a un gol do Llano 2000 e venceu por 2-1
O Celta Xuvenil División de Honra continúa líder da categoría tras vencer esta mañá na Madroa ao Llano 2000, conxunto asturiano que tamén ocupa os postos altos da clasificación. O cadro visitante adiantouse na primeira parte, pero o bo facer dos mozos celestes tivo a súa recompensa con dous tantos no segundo tempo, que serviron para colleitar unha nova vitoria.
O Celta acumula pleno de vitorias tras as catro primeiras xornadas do campionato, nas que anotou catorce goles e tan só encaixou un tanto.