ESCUDO-1300x400-01
A Canteira

Resumo de resultados da #CanteiraCeleste (5, 6 e 7 de novembro)

RC Celta

A fin de semana comezou o venres cun empate (1-1) do Celta B na súa visita á cancha do Unionistas de Salamanca CF da 11ª xornada, situándose os celestes na undécima posición do Grupo I de Primeira RFEF.

O sábado foi a quenda para un Xuvenil B que empatou (1-1) fóra da casa fronte o CD Calasanz na 8ª xornada do Grupo I de Liga Nacional, sendo colíderes da táboa con 19 puntos. Pola súa banda, os equipos cadetes venceron para seguir no máis alto da táboa: triunfo (1-4) do Cadete A fronte a ED Val Miñor na 6ª xornada de División de Honra e vitoria pola mínima (2-3) do Cadete B fronte a ED Arousa SD na 6ª xornada de Liga Galega.

Tamén se manteñen líderes os equipos infantís tras o pleno do sábado. O Infantil A impúxose por 3-0 ao Ourense CF na sétima xornada de Liga Galega, mentres que o Infantil B derrotou ao CD Chapela na cuarta xornada de 1ª Autonómica.

No seu caso, os equipos benxamíns debutaron en competición ligueira tras senllos triunfos antes Cristo da Vitoria SD e CD A Guía, respectivamente.

Na xornada dominical chegou a quenda para o Celta C – Gran Peña, que venceu a domicilio (0-2) fronte o CD Beluso para situarse en cuarta posición do subgrupo A de Preferente Sur, mentres que o Xuvenil A impúxose por 4-0 ao Club Bansander en A Madroa para seguir liderando o Grupo I de Xuvenil División de Honra.

Pola súa banda, os conxuntos alevíns tamén se estrearon en liga con senllas vitorias fronte a Cristo de la Vitoria SD e Cristo de la Vitoria SD C.

Ademais, o pasado mércores 3 celebrouse unha nova xornada da liga Galega de Fútbol 8 para o Fundación Celta Integra.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas