A fin de semana comezou o pasado sábado en horario matutino co triunfo do Infantil A (11-0) ante Escola Fútbol DSF na Madroa para poñerse con 48 puntos; á mesma hora xogou un Alevín A que venceu por 0-2 ao CD Areosa na Xunqueira e suma sete puntos na segunda fase. Pola súa banda, o Cadete B pechou a mañá impoñéndose por 3-0 ao Arousa SC B na Madroa para situarse con 36 puntos en Liga Galega. Pola tarde, os equipos benxamíns lograban senllas vitorias na Madroa ante Rápido de Bouzas e SD Ponteareas, mentres que o Celta B colleitaba unha goleada histórica ante a UD San Sebastián de Los Reyes (0-7) en Matapiñonera para pechar a primeira volta non grupo I de Primeira RFEF Footters en cuarta posición con 31 puntos. Os de Onésimo iniciarán a segunda volta este mércores 26 de xaneiro ante a Real Unión de Irún en Abanca Balaídos.
O Alevín B iniciaba o domingo con vitoria por 1-9 ante a ED Val Miñor B en Ureca, sumando pleno nos tres encontros da segunda fase. O Celta C – Gran Peña conseguía unha importante vitoria en Barreiro tras derrotar por 2-1 ao Juventud Cambados, sumando 29 puntos en catorce xornadas de liga. Por último, o Cadete A despedía a fin de semana impoñéndose por 0-3 ao CD Conxo na Merced e amplía ata os dezanove puntos a súa distancia no liderado.
Novas celta b