ESCUDO-1300x400-02
Celta b

Resultado histórico do Celta B na súa visita ao fortín de Matapiñonera (0-7)

RC Celta

O Celta B volveu aos terreos de xogos despois dunha semana de parón cun resultado histórico: vitoria por 0-7 ante a UD San Sebastián de los Reyes en Matapiñonera no partido correspondente á décimo novena xornada de Liga no Grupo I de Primeira RFEF Footters.
Un partido no que o acerto para porta dos de Onésimo foi clave desde os primeiros minutos de xogo. Gabri Veiga e Miguel Rodríguez adiantaban aos celestes nos primeiros minutos de xogo, unha vantaxe que se vería aumentada no ecuador cun novo gol de Miguel. Unha vitoria encarrilada ao descanso que se confirmou con catro goles máis no segundo acto: Gabri Veiga, Cedric, Alfon e Lautaro selaban un histórico triunfo por sete goles de diferenza.
Tras esta vitoria, o Celta B pecha a primeira volta con 31 puntos en 19 xornadas de Liga. O segundo equipo céltico abrirá a segunda volta o vindeiro mércores 26 de xaneiro ás 19:00 ante a Real Unión de Irún en Abanca Balaídos.

FICHA TÉCNICA

0 – UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES: Miguel Bañuz; Fer Ruiz, Juanra (Fomeyem, min. 66), Mario González (Sergi, min. 46), Baro; F. Llorente, Borja Sánchez; Raúl Hernández (Carlitos, min. 46), Jime (Dani Molina, min. 46), Borja Martínez (Arturo, min. 46); Jauregi.

7 – RC CELTA B: Ruly; Carrique, Álex Martín, Javi Castro, Diego Pampín; Carbonell (Medrano, min. 73), Holsgrove (Carlos Beitia, min. 66); Cedric (Fabrício, min. 66), Gabri Veiga, Javi Gómez (Alfon, min. 66); Miguel Rodríguez (Lautaro, min. 73).

Goles: Gabri Veiga (0-1, min. 2); Miguel Rodríguez (0-2, min. 10); Miguel Rodríguez (0-3, min. 24); Gabri Veiga (0-4, min. 47); Cedric (0-5, min. 65); Alfon (0-6, min. 68); Lautaro (0-7, min. 77).

Árbitro: Orellana Cid, do colexio andaluz. Amonestou a Jauregi e Dani Molina, de la UD Sanse, e a Álex Carbonell e Álex Martín, do Celta B.

Campo: Matapiñonera.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas