O porteiro retirouse tras un choque cun rival e tivo que recibir cinco puntos nunha cella
O porteiro celeste Rubén Blanco foi titular no partido clasificatorio para o Campionato de Europa Sub-19 que enfrontou onte a España e Polonia. O gardameta galego tivo que retirarse no minuto 54 tras golpearse na fronte nun choque cun rival. A pesar de recibir cinco puntos na cella, o cérbero céltico poderá estar dispoñible para os próximos partidos do combinado nacional.
Santi Mina tambén dispuxo de minutos no encontro ao entrar nos compases finais do mesmo. O canteirán céltico Borja Fernández, que tamén participa na concentración da Sub-19, viu o partido desde a bancada.
Fotografía 1: Marta Grande
Fotografía 2: @Rubenblanco13