CLTB1300
Celta b

Segunda vitoria seguida do Celta B tras o seu asalto en San Fernando (1-2)

RC Celta

Visita máis que satisfactoria ao Estadio Iberoamericano de San Fernando para o noso filial que se atopou cun partido moi complexo no que comezaron concedendo moi cedo, cun gol en contra anotado polo excéltico Manu Farrando nun corner.

Os de Claudio Giráldez non atoparon a comodidade para atacar a área contraria ata chegada a media hora da primeira parte, onde Iker Losada xutou un duro disparo que rexeitou o porteiro do conxunto insular. A nota negativa da primeira parte foi a lesión de Martín Calderón, que se retiraba entre xestos de dor do terreo de xogo.

O segundo tempo foi de dominio absoluto dos nosos xogadores que se envorcaron ao ataque na procura do empate con moi boas accións que co paso dos minutos resultaron con dúas xenialidades de Iker Losada e Tincho. O final de partido foi máis cómodo ante un San Fernando que apenas chegou á portería de Christian Joel e que finalizou tras unha vermella provocada por Tincho nun contragolpe. Despois da segunda vitoria consecutiva, o Celta B durmirá este sábado en décima posición con dezaseis puntos. A próxima xornada será a semana que vén en casa ante o Algeciras onde os rapaces buscarán outros tres puntos máis.

FICHA TÉCNICA

1 – SAN FERNANDO CDI: Perales; Luis Ruiz, David Ramos, J.C. Ramirez, Manu Farrando; Biabiany, Caballero, Juanmi Callejón (Lanchi Cabrera, Min. 67′); Ceberio, Marcelo Ribeiro (Del Campo, Min. 57′), Bicho (Javi Navarro, Min. 67′).

2 – RC CELTA B: Christian Joel; Carrique (Tincho, Min. 46′), Javi Domínguez, Carlos D., Medrano; Martín Calderón (Pablo Durán, Min. 44′), Hugo Sotelo, Víctor San Bartolomé (Yoel Lago, Min.85′); Miguel Rguez. (Lautaro, Min. 89′), Iker Losada (C. Beitia, Min. 85′), Hugo Álvarez.

Goles: .Manu Farrando (Min. 6′), Iker Losada (Min, 76′), Tincho, (Min. 80′)

Árbitro: Pérez Peraza, do colexio canario. Amonestou a Farrando (Min. 44′), Caballero (Min. 56′) e expulsou a Luis Ruiz por dobre amarela (Mins. 73 y 95′) polo San Fernando e amonestou a Javi Dguez. (Min. 42´) e Miguel Rguez. (Min. 45´), Carlos D. (Min. 73´) polo Celta B.

Campo: Estadio Iberoamericano 2010.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas