ESCUDO-1300x400-02
Fundación

Sergio recibe o recoñecemento de ADOS polo seu firme apoio ás campañas de doazón de sangue

RC Celta

O porteiro do RC Celta Sergio Álvarez recibiu esta mañá no salón Regio de A Sede un recoñecemento pola súa contribución durante os últimos anos ás campañas de doazón de sangue realizadas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, ADOS, coa colaboración da Fundación Celta.

Ao acto de entrega desta distinción, que se realizou coincidindo co Día Mundial do Doante, asistiron, entre outros, o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, o vicepresidente Ricardo Barros, o director da Fundación Celta, Germán Arteta, o conselleiro de Sanidade, Xullo Garcia Comesaña, e a directora de ADOS, María Luisa López, ademais de diversos representantes de Sanidade e da Hermandades de Donantes de Sangue.

Sergio expresou a súa gratitude por este recoñecemento e recordou a importancia de doar sangue, xa que “cun sinxelo xesto podes salvar vidas”. Recordou que é doante desde que “teño idade para facelo” e apuntou que “seguirei colaborando e axudando, xa que se trata de algo moi importante para todos”.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas