Esta semana o RC Celta estivo no campo de Penedo Redondo de Salceda de Caselas, onde levou a cabo a presentación do Campus organizado pola FUNDACIÓN CELTA coa colaboración da FUNDACIÓN DENIS SUÁREZ.
A este acto, ademais de Germán Arteta e Manu Gómez como representación da FUNDACIÓN CELTA, estiveron presentes representando ao Concello de Salceda de Caselas: Dolores Castiñeira, alcaldesa, e Marcos Troncoso, concelleiro de deportes; así como Loli Garrido, xerente da FUNDACIÓN DENIS SUÁREZ, e Gelo Martínez, director deportivo da ESCOLA DENIS SUÁREZ. Todas as partes coinciden no enorme éxito das edicións anteriores e esperan que teña a mesma acollida un verán máis.
Doutra banda, o RC Celta segue incorporando novas sedes como CD CHOCO de Redondela e unha nova sede específica FEMININA con VDE MOS, que se suma ás sedes específicas FEMININAS, xa existentes, da Madroa e VICTORIA FC de Santiago de Compostela. Información e inscricións aquí.