hori
Celta b

Triunfo en Abanca Balaídos para seguir sumando (2-0)

RC Celta

Suma e segue para o RC Celta B en Abanca Balaídos na vixésimo oitava xornada de Primeira RFEF na que derrotou por 2-0 ao CD Badaxoz.

Partido cómodo para o filial celeste que queda os tres puntos no seu feudo. Os céticos adiantábanse no marcador grazas a un gol de Raúl Blanco nos primeiros compases do partido tras unha gran internada na área. Sería Miguel o que dobraría a vantaxe aos 26 minutos que definía o marcador final. O segundo tempo estivo marcado pola tranquilidade no xogo, onde o Celta B gardaría a súa vantaxe mentres o Badaxoz tentaba ir cara arriba.

Outra das grandes notas desta vitoria é o debut do chileno Clemente Montes, quen entrou nos últimos minutos de encontro e participou en varias xogadas de mérito.

O RC Celta B durmirá esta xornada en quinta posición, en postos playoff. A semana que vén desprazarémonos á Coruña para xogar ante o Deportivo da Coruña.

FICHA TÉCNICA

2-RC Celta B: Christian Joel; Thomas Carrique, Javi Domínguez, Carlos Domínguez, Gael Alonso, Fernando Medrano; Calderón, Hugo Sotelo (min. 77, San Bartolomé), Raúl Blanco (min. 63, Manu Garrido), Hugo Álvarez (min. 75, Clemente Montes) e Miguel Rodríguez (min. 46, Pablo Durán)..

0-CD Badaxoz: Kike Royo; Acuña, Mariano Gómez, Borja García, Cordeiro; Calderón (min. 76, Alfaro), Raúl Palma (min. 76, Zelu), Mancuso, Adilson; Ferrón (min. 62, Santamaría) e Soto.Goles: Raúl Blanco (Min. 3′), Miguel (Min. 26′) polo Celta B.
Árbitro: López Parra, do colexio cántabro . Amoestou a Javi Dguez. (Min. 7´) Hugo *Á. (Min. 15′) e Miguel Rguez. (Min. 30´) polo Celta B.
Campo: Estadio Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas