aniversario-celta-integra-salon-regio-092020
Fundación

V aniversario do Fundación Celta Integra no Salón Regio

RC Celta

O Salón Regio da Sede do RC Celta acolleu un evento moi especial; o equipo campión Fundación Celta Integra celebrou o seu quinto aniversario de vida con moitas e moi boas novidades como a creación da peña ‘Celta Integra Fran Díaz’, a entrega do álbum personalizado de Panini e a presentación do emblema conmemorativo que lucirán os xogadores nas vestimentas de xogo.

Ao acto acudiron os protagonistas e os seus familiares, os integrantes da nova peña co seu presidente Manuel Alberto Iglesias, o presidente da Federación de peñas celtistas José Méndez; os patrocinadores do equipo Chema Rodríguez de Recalvi e Santos Almeida de MRW, o director da Fundación Celta, Germán Arteta; e o Presidente do RC Celta e a súa Fundación, Carlos Mouriño.

Iniciouse o evento coa proxección dun emotivo vídeo resumen desta andaina. A continuación o presidente Carlos Mouriño dirixiu unhas palabras aos presentes nas que destacou o “esforzo” e a “ilusión” dos integrantes do equipo e animou a que non decaese esa actitude. O acto continuou coa inauguración da peña ‘Celta integra Fran Díaz’ da man de José Méndez, quen fixo entrega a Manuel Alberto Iglesias dunha placa conmemorativa da Federación de Peñas Celtistas e a entrega por parte do presidente do Club dunha metopa e unhas emocionantes palabras por parte de Francisco Díaz, delegado do Fundación Celta Integra ao que tamén se homenaxea dando nome á peña.

Finalmente o acto clausurouse realizando a entrega dos álbums Panini personalizados coas imaxes dos xogadores que recibiron con moita ilusión. Unha iniciativa da Fundación LaLiga que, tras o éxito da colección virtual ao ano pasado, conseguiron coa colaboración de Panini dar un formato físico permitindo así unha maior visibilidade dos auténticos protagonistas de LaLiga Genuine Santander.

É importante destacar que o proxecto de Fundación Celta integra non fose posible sen o apoio de Recalvi, MRW, Cabreiroá e Adidas.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas