Imagen Destacada InvasionCeleste v2
Fundación

Últimos días para aproveitar o desconto na inscrición da VII Invasión Celeste by Profand

RC Celta

Como cada ano, a Fundación Celta organiza a súa esperada carreira popular Invasión Celeste by Profand, que celebrará a súa sétima edición o próximo 24 de setembro.

A liña de saída desta emocionante carreira será na Sede do RC Celta, en pleno centro da cidade olívica, e o percorrido estenderase ata terminar no Estadio Abanca Balaídos.

En consonancia co espírito e valores da Fundación Celta e do seu patrocinador principal, Profand, a carreira contribuirá a unha causa solidaria. Durante o proceso de inscrición na web, os corredores poderán facer unha doazón voluntaria e Profand achegará 1 euro por cada un deses donativos. O total do importe recadado será destinado a Bicos de Papel, a Asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Para poder participar na VII Invasión Celeste by Profand, deberás realizar a inscrición na páxina web Magmasports ata o 20 de setembro. Ademais, premiamos a anticipación con interesantes descontos na inscrición, pero esta promoción termina este domingo 10 de setembro.

▪ 2€ para Chiquiceltas

▪ 5€ para nenos e nenas entre 7 e 14 anos

▪ 10€ se te inscribes desde o 4 de agosto ao 10 de setembro 2023

▪ 14€ se te inscribes do 11 ao 20 de setembro 2023

 

Non perdas a oportunidade de formar parte desta incrible experiencia!

 

 

 

Esperámosche o 24 de setembro!

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas