20211122 Visita Diego Sarabia a México_3
Fundación

O RC Celta e a súa Fundación expanden a súa metodoloxía en México

RC Celta

Diego García Sarabia, técnico da canteira, viaxou a México entre o 5 e o 15 de novembro para a apertura e seguimento de dúas sedes de escolas Celta Academy en Ciudad de México. Tras a visita realizada a Vigo no mes de outubro por parte dos responsables da mesma (Idea Sport), e tras varios talleres formativos para técnicos realizados de maneira on-line, a seguinte acción estivo centrada en coordinar os primeiros pasos das novas academias, incidindo sobre todo na formación cos técnicos, e reunións cos pais dos xogadores para deixar sentadas as bases de bo funcionamento da escola.

A continuación repasamos as visitas que realizou Diego Sarabia durante a súa estancia en México:

Fundacion Vedimi. Entrega de camiseta personalizada, charla con pais e adestramento cos xogador@s. Participación conxunta do delegado de LaLiga en México e con Majo González, xornalista da cadea TNT e moi seareira de RC Celta, con raíces e familia en Ourense.

Club América. Visita ás instalacións do club máis importante do país e entrega dunha camiseta personalizada a Memo Naranjo, directivo de academias internacionais e nacionais.

Club Sporting Lombas. Adestramentos con xogador@s (martes, mércores e xoves) e charla con pais.

Club Mundet. Visita con dirección para activar escola e entrevista cos medios.

Club Libanés. Visita con dirección para activar escola.

Club Anahuac. Visita con dirección para activar escola para dar comezo en febreiro/marzo. Club vinculado con Universidade Anáhuac Cancún.

Club España. Visita con dirección para activación previa de campus/ clínic e posterior valoración de escola.

– Xornadas formativas (luns, martes e xoves) para seis técnicos de Idea Sport coa metodoloxía do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas