O Xuvenil A proclamouse campión de División de Honra tras derrota por 1-4 ao CD Lugo na Cheda na trixésimo terceira xornada de liga no grupo 1. O conxunto celeste adiantouse no marcador cun dobrete de Fer López. Tras o 1-2, os de Claudio Giráldez aumentaban a súa renda cos goles de Hugo Álvarez e Javi Rodríguez para facer o 1-4 final.
Tras este resultado, o conxunto celeste suma 88 puntos despois de 33 xornadas de liga con 28 vitorias, catro empates e unha derrota, cun balance de 134 goles a favor e tan só 16 en contra. O Xuvenil A, que se fai co título da categoría, pechará a tempada regular a próxima fin de semana na Madroa ante o Pontevedra CF.
Os pupilos de Claudio Giráldez e os xogadores do Xuvenil B, tamén campións de liga esta fin de semana, foron homenaxeados pola afección en Abanca Balaídos no descanso do encontro da xornada 37 de LaLiga 21/22 ante o Elche CF.