20220320_Partido_ZamoraCFVsCeltaB_3
Celta b

O Celta B vaise de vacío do Ruta de la Plata (1-0)

RC Celta

Dolorosa derrota del Celta B na súa visita a Las Gaunas nel duelo ante el Zamora CF correspondente a la vixésimo octava xornada de Liga no grupo I de Primeira RFEF Footters. O filial celeste, que errou dos lanzamentos desde os once metros, foi apeado por un conxunto local que puido defender el gol anotado nel tramo final de la primeira metade.
El Celta B entrou moi ben ao partido, con senllas ocasións para Alfon e Gabri Veiga que no viron portería. Eran os prolegómenos do primeiro penalti dos celestes, executado por Holsgrove, que atallaba o gardameta Pau Torres á súa esquerda. Tras a pena máxima, o partido entrou nun proceso de dominio alterno da posesión, pero sen ocasións claras. Unha igualdade que desnivelarían os locais por medio de Baselga, que facía o 1-0 cun gran lanzamento.
Tras o descanso, o Zamora estivo moi preto de ampliar a súa vantaxe. Unha segunda metade na que os celestes impoñerían o seu dominio e que, no seu ecuador, chegou un novo penalti que á súa vez conlevaría a expulsión de Cordeiro por dobre amarela. Neste caso Álex Martín cobraba o castigo, pero o seu disparo, á beira contraria, volvía salvar o gardameta zamorano.
Con superioridade numérica e con xente de refresco, o Celta B cercou a portería local Ruta de la Plata nun tramo final de absoluto dominio. As ocasiones máis claras chegaron no tempo de desconto cunha dobre oportunidade de Javi Castro e Darío que lograba desbaratar a zaga local para manter o 1-0 no electrónico.
Segunda derrota consecutiva para un Celta B que se mantén en posicións de play- off de ascenso despois de sumar 47 puntos en vinte e oito xornadas. Tras este tropezo, o segundo equipo céltico recibirá ao RC Deportivo de La Coruña o próximo domingo 27 de marzo ás 12:00 en Abanca Balaídos.

FICHA TÉCNICA

1 – ZAMORA CF: Pau Torres; Jordan, Garay, Cordero, Dani Espejo (Javi Navas, min. 85); Julián Luque, Jorge Fernández (Jon Rojo, min. 85); Yanis (Kepa Vieites, min. 63), Carlos Ramos, Baselga (Mario Losad, min. 63); Adri Herrera (Xisco Campos, min. 68).

0 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Carrique (Cedric, min. 72), Álex Martín, Javi Castro, Diego Pampín; Beitia (Javi Gómez, min. 66), Holsgrove; Iker Losada (Medrano, min. 46), Gabri Veiga (Darío, min. 81), Alfon (Lautaro, min. 66); Fabrício.

Gol: Baselga (1-0, min. 43).

Árbitro: Sesma Espinosa, do colexio riojano. Amonestou a Cordero, do Zamora CF, e a Javi Castro, do Celta B. Cordero, do Zamora CF, foi expulsado por dobre amarela.

Campo: Ruta de la Plata.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas