Imágen de fondo de página Trae un amigo

Trae un amigo

A Fundación Celta lanza a promoción Trae un amigo mediante a cal ambos pasaredes a formar parte da familia celtista comprometida. Coñecede o proxecto sociodeportivo da Fundación Celta e unídevos O voso mecenado ten premio!

 

Por que colaborar coa Fundación Celta?


A Canteira

Pola Canteira, obxectivo principal da Fundación e futuro do Club; a Fundación busca fomentar o crecemento e desenvolvemento tanto da parte deportiva como da humana dos nosos mozos canteiráns.

A importancia do deporte

Porque promovemos o deporte, difundimos a súa importancia, investigamos métodos para a mellora e eficacia nos resultados deportivos e utilizamos os nosos recursos no desenvolvemento persoal dos mozos na consecución das súas metas deportivas.

Pensando nos demais

Polo noso servizo aos hospitais, á infancia, a todos os focos de desprotección e necesidade cos que colaboramos, tentando devolver todo aquilo que a sociedade nos achega.

Os valores

Pola nosa divulgación dos valores do deporte a través de charlas en centros educativos e clubs de fútbol, pola transmisión á sociedade da importancia das calidades da actividade física e por incidir sobre a súa influencia en aptitudes fundamentais para un correcto desenvolvemento persoal.

A historia do club

Pola nosa contribución ao estudio da historia do RC Celta mediante a creación e conservación do Museo e difusión deste a través de innumerables visitas guiadas.

Beneficios fiscais

Polos importantes beneficios fiscais que permiten obter deducións no IRPF e IS dende o 35 % ata o 80 % do total das colaboracións.

 

 

Consulta las condiciones de esta promoción y colabora con la Fundación Celta.

Es muy sencillo, puedes acceder al formulario desde el siguiente enlace y cumplimentar el cuestionario.

Nosotros nos pondremos en contacto contigo para tramitar el alta o ampliar cualquier información que necesitas sobre la Fundación y sus actividades.

 

 

Interésame