ESCUDO-1300x400-02
O Club

Gabri Veiga, celeste ata 2026, feliz de “poder seguir crecendo no RC Celta, que é a miña casa”

RC Celta

Movemento ilusionante para o futuro do RC Celta. Un dos xogadores con maior proxección da canteira celeste vincula ao club o seu crecemento. Gabri Veiga será xogador do RC Celta ata xuño de 2026 trala firma dun contrato que se suma ao xa selado fai unhas semanas por outro canteirán de gran potencial, o central Carlos Domínguez.

Gabri Veiga está facendo unha tempada fantástica no Celta B na Primeira División RFEF, categoría na que o filial sitúase en postos de play off de ascenso a Segunda División. O canteirán é o máximo goleador do conxunto de Onésimo xunto a Miguel Rodríguez con 9 tantos, algúns deles realmente espectaculares.

Gabri Veiga, que esta tempada xogou con absoluta solvencia en diferentes posicións, desde medio centro a interior ou segunda punta, acumula 30 partidos esta campaña, xa máis de 60 no filial céltico e 12 no primeiro equipo.

Gabri, porriñés de19 anos de idade, chegou ao RC Celta en categoría alevín, a tempada 2013/2014. Ten claro o que o escudo celeste significa para el: “É afotueza, corazón, tradición e sobre todo moito orgullo de levalo no peito cada fin de semana”.

Gabri Veiga comprométese a “dar o máximo en cada partido, cada adestramento, cada minuto que poida ter no primeiro equipo ou no filial” e destaca que trala firma do seu contrato sente “unha felicidade enorme”.

“Quero darlles as grazas á miña familia, amigos e á miña noiva que me axudaron todo este tempo para chegar a cumprir estes obxectivos e tamén ao club pola confianza que deposita en min. Teño moitas ganas de seguir crecendo no RC Celta, que é a que considero a miña casa e na que quero estar moitos anos máis”, engade o canteirán, quen tamén expresa a súa gratitude ao celtismo: ”a nosa é unha gran afección e estoulle moi agradecido polo apoio. Sempre che enche de felicidade saber que a afección está contigo e espero que siga así moitos anos máis”.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas