O Celta B reforza o seu ataque coa cesión ata final de tempada do dianteiro Manu Garrido, de 22 anos de idade, procedente do CD Leganés. O conxunto celeste garda unha opción de compra do atacante, que destaca polo seu excelente xogo de costas.
Manuel Garrido Álvarez (Madrid, 06/10/2000) formouse nas categorías inferiores do Leganés, conxunto co que debutou na máxima categoría na tempada 2019/2020, e posteriormente militou en Primeira Federación en calidade de cedido en Hércules CF e UCAM Murcia.
![Resultados 2021-2022](https://rccelta.es/app/uploads/2021/11/Resultados-2021-2022-1-1024x576.jpg)
A Canteira