ESCUDO-1300x400-02
Celta b

Catro futbolistas do Celta C – Gran Pena ascenden ao Celta Fortuna

RC Celta

César Fernández, Javi Rodríguez, Gael Alonso e Damián Rodríguez, futbolistas con ficha no Celta C – Gran Peña a pasada tempada, pasarán a ter ficha co Celta Fortuna na tempada 2023/24. Os catro canteiráns ven recompensada desta maneira a súa traxectoria nas categorías inferiores e o seu bo traballo no Celta C – Gran Peña, onde tiveron un papel importante no primeiro ano do equipo en Terceira Federación.

Esta promoción interna premia e reforza a colaboración entre o RC Celta e a Gran Peña cun equipo formativo que, tras conseguir o ascenso de categoría na súa primeira tempada e a permanencia na segunda, tamén proporciona xogadores á Celta Fortuna para continuar e proxectar a súa formación futbolística.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas