celta-osasuna 1
Primeiro Equipo

O RC Celta non puido sumar ante CA Osasuna na súa estrea en casa

RC Celta

O RC Celta non puido regalarlle unha vitoria á súa afección, que encheu as bancadas de Abanca Balaídos, neste inicio de tempada ante CA Osasuna.

Os celestes loitaron e traballaron por adiantarse no encontro, pero finalmente foron os de Jagoba Arrasate os que inauguraron o marcador cun tanto de Rubén García no minuto 24.

Tras o descanso, o Celta saltou ao terreo de xogo coa intención de darlle a volta ao partido, pero no minuto 74 o gol de Moi Gómez truncou as intencións dos de Rafa Benítez, que terminaron a primeira xornada de liga sen poder sumar.

O vindeiro sábado, 19 de agosto, o RC Celta terá unha nova oportunidade de sumar na súa visita á Real Sociedade en San Sebastián.

FICHA TÉCNICA:

0 – RC Celta: Iván Villar; O. Mingueza, Aidoo Jr, Unai Núñez, Cervi (Manu Sánchez, 81); Carles Pérez (Miguel Rodríguez, 63), Fran Beltrán, Hugo Sotelo (Luca de la Torre, 81), Bamba; Iago Aspas (Williot Swedberg, 81) y Strand Larsen (Gabri Veiga, 73).

2 – CA Osasuna: Sergio Herrera; Rubén Peña (Ibáñez, 67), Catena, David García, J. Mojica; Moncayola (Iker Muñoz, 90), Lucas Torró (J. Arnaiz, 90), Aimar Oroz (Jesús Areso, 79); Rubén García, Budimir (Chimy Ávila, 79) y Moi Gómez.

Goles: 0-1 Rubén García (24); 0-2 Moi Gómez (74).

Árbitro: Pablo González Fuertes. Mostrou tarxeta amarela a Unai Núñez, e por parte de Osasuna foi amoestado Lucas Torró.

Incidencias: Encontro correspondente á primeira xornada de LaLiga EA Sports disputado no estadio Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas