Javi RP
Novas primeiro equipo

Javi Rodríguez: “Vivo nun soño, estou moi feliz de estar onde quero estar”

RC Celta

Javi Rodríguez compareceu ante os medios de comunicación xunto ao director de Fútbol, Marco Garcés, tras facerse oficial a súa renovación co Celta ata 2030 prolongando unha historia que comezou cando apenas tiña oito anos.

Aquel neno que chegou á Madroa para facer unhas probas, acompañado de Pablo Meixús e cos nervios propios de quen empeza a perseguir un soño, é hoxe un xogador do primeiro equipo que acaba de ampliar o seu compromiso co club da súa vida.

“Estou a vivir un soño. Penso que aquel neno de oito anos estaría super orgulloso de ver todo o que conseguiu”, recoñeceu Javi, que quixo agradecer á presidenta e ao corpo técnico a confianza depositada nel durante estes anos.

“Estou moi contento de estar aquí, de estar onde quero estar e de todo o que estamos a conseguir neste club”, sinalou o defensa, que afronta esta nova etapa coa ilusión de seguir crecendo en casa.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas