ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Iago Aspas segue batendo récords: 310 partidos coa celeste en LaLiga EA Sports

RC Celta

Iago Aspas, capitán, emblema e orgullo do RC Celta, acaba de converterse no xogador celeste con máis partidos disputados na máxima categoría do fútbol español. No encontro desta cuarta xornada, que enfronta aos celestes contra a UD Almería, o canteirán saltou ao terreo de xogo para defender o noso escudo por 310ª vez en LaLiga EA Sports.

O de Moaña supera desta maneira a Hugo Mallo (309), que se recoloca nunha segunda posición do ranking, por diante de Mostovoi (235) e Monolo (226). Desta maneira, son dous canteiráns celestes os que ocupan os primeiros postos desta táboa; todo un orgullo para o club.

Aspas debutaba co primeiro equipo o 8 de xuño de 2008 ante a UD Salamanca, e catro anos despois, no 2012, facíao en LaLiga EA Sports no encontro que enfrontou ao RC Celta co Málaga CF. Once anos despois, o ariete celeste logra un novo fito na súa carreira, cumprindo 310 partidos que avalan a afouteza e corazón do canteirán.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas