ALMERIA-CELTA 3
Primeiro Equipo

O RC Celta volve da súa viaxe a Almería cunha traballada vitoria debaixo do brazo (2-3)

RC Celta

O RC Celta logrou a súa primeira vitoria da tempada en LaLiga EA Sports de tras impoñerse ante a UD Alemería por 2 a 3 nesta cuarta xornada.

Os celestes saltaron ao terreo de xogo conectados, ordenados e sobre todo, con ganas de facerse cos tres puntos. Foron varias as chegadas dos celestes á área almeriense, pero non foi ata o minuto 24 que, tras unha falta a favor do celta, Iago Aspas colocouna maxistralmente e Unai Núñez terminouna metendo na meta de Maximiano. Primeiro tanto de Unai Núñez como celeste e, sobre todo, primeiro gol do RC Celta con 100 anos de vida.

Minutos despois, no 33, Strand Larsen estreábase como goleador esta campaña e ampliaba a vantaxe dos celestes, que conseguirían chegar ao tempo de descanso con dous tantos por diante no marcador.

Nos segundos 45 minutos do partido, o Almería moveu ao seu equipo e logrou o empate no Power Horse Stadium, cos tantos de Sergio Akieme, no minuto 54, e Arribas, no 68.

O Celta non se resentiu. Querían a vitoria e foron a por ela. Tiveron ocasións moi prometedoras para conseguila, como a que tivo o capitán celeste no 79, que finalmente terminaba saíndo fóra, pero sería Williot Swedberg o que lograría ese tanto que valeu tres puntos que se suman á marcadora do RC Celta.

Tras o parón ligueiro, os celestes volverán ao traballo e a preparar o próximo encontro de LaLiga EA Sports, que será o sábado 16 de setembro ás 18:30 h ante o RCD Mallorca en Abanca Balaídos. Un partido onde os de Rafa Benítez buscarán regalarlle unha vitoria á súa afección.

FICHA TÉCNICA:

2 – UD Almería: Luís Maximiano; Marc Pubill, Chumi, Kaiky, Sergio Akieme; Iddrisu Baba (Dion Lopy, 67), G. Melero (Arribas, 67), L. Robertone; L. Ramazani, Adrián Embarba (I. Koné, 46) y Luis Suárez.

3 – RC Celta: Iván Villar; Ó. Mingueza, Unai Núñez, Carl Starfelt, Carlos Domínguez (J. Aidoo, 89), Manu Sánchez; J. Bamba (R. Tapia, 93), Fran Beltrán, Luca de la Torre; Iago Aspas (Tasos Douvikas, 89) y Strand Larsen (Williot Swedberg, 70).

Goles: 0-1 Unai Núñez; 0-2 Strand Larsen; 1-2 S. Akieme; 2-2 Arribas; 2-3 Williot Swedberg.

Árbitro: De Burgos Bengoetxea. O colexiado mostrou cartón amarelo a Manu Sánchez e, por parte da UD Almería, foi amoestado Marc Pubill.

Incidencias: Encontro correspondente á cuarta xornada de LaLiga EA Sports disputado no Power Horse Stadium.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas